« Home | Pues por mi no... » | 1001 gracias » | Un puntito (.) » | PESADILLAS » | Para ellas » | LOST IN THE LANGUAGES... » | Noche con Oscar (2006) » | con ganas de caña... » | De volta ao Luso-mundo... » | Operación GALIZA » 

sexta-feira, março 24, 2006 

Unha de musica...

  • Comezamos polo novo de Placebo "MEDS". Disco recen saido no que Brian Molko sigue co seu rollo de divo superstar(que conste que a min divírteme moito), pero agora pretendendo vender a sua "madurez musical". Pois o que conseguiron foi un disco de unhas 4 cancións boas, 2 moi moi interesantes (Drag e Infra-red ) e un hit (o meu modesto entender) como é Meds (a dúo coa cantante de The Kills), e algunha ben extranha como Pierrot The Clown (?). Pero non conseguiron a madurez musical... Comprable? se che sobran os cartos... Baixable? pois si, pero si tes espacio de sobra no disco duro. Recomendo mais a sua caixa de singles:Once More With Feeling Singles (1996-2004).
5.5/10




  • O novo de Ben Harper, "BOTH SIDES OF THE GUN". Consta de 2 cds e basease novamente no que a el se lle da por chamar "música para a xente", e que realmente ven marcado pola crítica social a todolos seus niveles. Musica de moi boa calidade (vese moi coidada), con unha raiz máis folk que nos seus anteriores traballos (e tamén máis blues), o cantante de California volta a facer un traballo moi bo, coma sempre caracterizao pola sua slide guitar. É un disco complexo, pero, todo o bo o é...
7/10