« Home | Operación GALIZA » | En Detalles... » | Mahoma y sus dibujos (II) » | Mahoma y sus dibujos » | TUDO BEM? a lo Lucky Luke!!! » | UN DIA ESPECIAL » | NEVE EM LISBOA? » | COMA UN RONIN...(浪人) » | O sorriso de Mona Lisa » | Cinefilia... » 

quinta-feira, março 02, 2006 

De volta ao Luso-mundo...

Ola de novo!!! xa estamos aqui outra vez; si, xa sei, foron unhas ferias demasiado longas, pero e que a terrinha tira, e moito...
Ben, ummm, creo que tampouco merece a pena que me pare moito nelas; pero si vou maracar alguns detalles que me quedaron nas retinas e na cabeza...

NA CORUNHA: Que bo foi voltar a ver a Jean e a "jodido gordo cabrón" Vic; e coma se nunca me separase deles, foi chegar ao seu piso e sentiame coma se estivese na casa, en serio, xenial; e ver coma ese berzotas sobreviviu ao feito de que a sua moza non coma carne(sendo él un amante desmedido desta) é impresionante... como me lo cambiaron... ;)
Recorrido pola cidade, incredulidade ante o conto da bandeira espanhola plantada no paseo de Orzán ( pero menos mal que ese impresentable de P. Vazquez marcha para o Vaticano) e custodiada dia e noite pola policía... GALIZA IS DIFFERENT.
Tamen vin o pequeno Eli que xa facia tempo. Esta comezando unha incipente carreira no mundo da moda coa firma C.H. e aledeime un monton de ver que estaba moi a gusto. É xenial cando ves a un amigo estar contento co que esta a facer.


NO LUGO: joer, minha amiga Tere portouse de vicio comigo e con
C. e creo que a partir de agora vou a chamar o seu piso "Casa Tere": que incrible! chego o domingo a noite alí, e venha! se vieiras, se cordeiro, se pastel, se licor kafe... mi madrinha! era para quedarse a vivir alí!!!

E tamen vin as minhas pequechas( Az,Be,Sa, Jess ... faltou Ar pero noutra ocasión será...) e o Gui tamen; xa botaba de menos o home mais ordeado do mundo, o home que non concibe unha habitación se un angulo recto!
Un saudo a toda a esa xente que vin tamen (Oh, An, Lu...) e sinto os que non me deu tempo de ver (especialmente a Sar, que hai moito que non vexo pero que sigo lendo o seu rinconcinho de meiga; sintoo, era imposible dar para todo en tan pouco tempo...)

Bufff, que recordos me trae esa cidade.. os mellores (e alguns dos peores) momentos da minha vida marcaronse polo influxo da muralla Luguesa. Se J. Joyce falaba da sua DDD ("Dear Dirty Dublin") eu tenho que falar da minha LLL ("Linda Lamacenta Lugo").

As cousas con C. son dificiles, sobre todo para C. Eu podo comprender todo o que lle pasa pola cabeza, pero as veces cada un debe facer a sua propia loita. Eu podo ser a sua bruxula, pero non podo obligar a ninguen a andar por un caminho determinado; iso esta no corazòn de cada persoa; tenho medo, moito medo, por que xa non ten ese sorriso que enamora nen ese ollar que fixo en min mil estragos... pero tenho medo por ela, non por min. So tenho claro que é a persoa máis importante da minha vida.

en fin...

EN SANTIAGO: Xa cerca da casa, tocaba visita aos amigos da terrinha patria. Decidìn quedar nas casa das loquinhas, porque Tit e rus supuxen que estarìan liados cos seus respectivos traballos.
A verdade que Santiago ten todas as papeletas para conquistar a calqueira; bonita, alegre se precisas alegrias, solitaria se precisas soidade... è moi grande, a verdade.
O mellor desta parte da viaxe foi a gran charla que tiven con "jodida estupida" Let. Creo que falamos de todo e cada un dos nosos amigos comuns, e lle puxemos os puntos sobre as ies a tod@s, incluidos nos mesmos. Creo cada vez màis necesario estas curas de alma dentro dun grupo de amigos; xa que normalmente non se dan , e, a verdade, axuda a ver as cousas de diferente forma se o ves polos ollos doutro amig@. Gracias jodidilla estupida, no se que voy a hacer cuando te me vayas a las Asturies...

A POBRA: Xa estamos aqui, xa chegamos!!! A verdade que xa ia sendo hora ( è ben certo; cando a tua propia nai te chama e pregunta:" a veeer, en que cidade estaas agoraa?" si vai sendo hora de voltar para casa...
Ali estaban os meus pais, os màis grandes; aqueles que xa os conhezan daranme a razòn e os que non, como di minha nai: " que se venhan!! que onde comen 4 comen 5 ou 6 ou... total, pobres xa somos!!!".
Si mama, pobres, peros bos coma poucos! me chifla esta muller!

Tamèn xa tinha moitas ganas de ver o Gun, que deume a noticia de que andaba cavilando na emigraciòn... tamèn hai que joderse! queixanse da fuga de cerebros e resulta que van deixar largarse a un dos mellores politòlogos de toda Galiza... anda que vamos ben...

Tocaron Carnavales (isto da para outro post...que pintaasss, boisimo...), e tamèn foi xenial ver a Pat e Miy... que festa ese sabado pola noite... mimà!!!

Jo! mira que vin xente nesta viaxe! (e os que quedaron). Unha nota moi especial para grapadora, o meu can; o ùnico can no mundo que è capaz de comer ABSOLUTAMENTE calquer tipo de alimento, e o mellor, que expresa toda a ledicia do mundo nunha mirada, case coma unha persoa...e eso que non me gustan os cans, que eu son de gatos! Grande Grapadora!!!

Ben, agora toca volver o traballo que van sendo horas; xa de novo en Lisboa, e no novo piso, con novos companheiros... 3 italianas, 1 aleman, 1 francès... e um galego, si senhor coma nun chiste...

Pois aqui vamos!!!