« Home | O sorriso de Mona Lisa » | Cinefilia... » | AVENTURAS Y DESVENTURAS EN LISBOA (I) » | SUEÑOS » | DEMASIADO TARDE... » | ...ESTO ES LO MAS DIFICIL... » | DIARIO DE UN PROTESTANTE » 

sábado, janeiro 28, 2006 

COMA UN RONIN...(浪人)

E que é asi. Cada vez sintome máis coma un RONIN, neste o noso país. Non sei,esto do que vou falar é soio un exemplo, pero comezo a ter unha lista inmensa. Non me importa ser o unico membro dun colectivo, pero preocupame un pouco.

Esta ben que quizais o Reverte non usou as palabras máis exactas; recordemos que naceu en Cartagena, que non é precisamente a cuna de ningun tipo de Nacionalismo, e que os seus conhecementos basearanse no leido e vivido como visitante, non como oriundo....

Pero, a ver, de que falamos aqui? Que estamos agora mesmo a pedir para Galiza? INDEPENDENCIA? De que tipo? Que queremos atopar/mostrar/pedir /desexar? Ou sexa que queremos separarnos do estado Espanhol (e eu son o primeiro en dicir que sempre nos tratou como a merda, pero miremos a Extremadura...).

A solución non é pensar nesa útopica independencia que os mozos\as galegos subitamente están a pedir... Acaso non será mellor unha loita pola nosa CULTURA POPULAR GALEGA, unha recuperación de tantos e tantos valores que se perderon co paso dos anos? non é iso mellor a intentar loitar contra muinhos (na maioria dos casos totalmente imaxinarios)?

EU o tenho claro; non penso perder o tempo en choriqueos que non valen para nada. Se tenho fillos, aprenderan o galego (entre outras linguas), pensaran en galego e sentiran o galego. Iso é o que me importa.
Sei que a moita xente que lea isto pode enfadarse, ou dicir que porqué penso isto... pero non me preocupa; máis me preocupa o feito de que un día a porta do Avante alguén non me fale por non falar en galego( e agora ja em portugues padrõm!!!), sen pensar que pode ser que me atope con algun dos meus amigos ingleses, italianos,belgas,franceses,... que non tenhen nin papa de galego.
E que non sexa un amigo de Valladolid ou de Madrid...

Eso si me preocupa. De ahi o meu sentimento de ronin (浪人), por isto e moitas outras cousas, pero,como se soe dicir, mellor sozinho que mal acompanhado.