« Home | Cinefilia... » | AVENTURAS Y DESVENTURAS EN LISBOA (I) » | SUEÑOS » | DEMASIADO TARDE... » | ...ESTO ES LO MAS DIFICIL... » | DIARIO DE UN PROTESTANTE » 

sexta-feira, janeiro 27, 2006 

O sorriso de Mona Lisa

Hai uns dias leín nun artígo tirado da revista New Scientist que un computador foi utilizado para descifrar a sonrisa enigmática da Mona Lisa de Leonardo Da Vinci, concluindo que ela estaba "principalmente feliz".
A pintura foi analizada polo computador da Universidade de Amsterdam usando software para o "reconhecimento de emocións".O análisis concluiu que a Mona Lisa estaba:

  1. 83% feliz
  2. 9% disgustada
  3. 6% temerosa
  4. 2% molesta
  5. menos de un 1% neutral e
    nada de sorprendida...


Oe, pois eu me quedei frio despois de leer isto...

PRIMEIRO, porque isto dos computadores cada dia vaise desfasando mais (tembla Halo 2000), e que analizan practicamente todo. Incrible. Ah! eso si, a mirada non puderon analizala.

SEGUNDO, mira que eu pensaba que a senhorita de nome Mona e apelido Lisa tinha esa cara de empanada por que era filla de irmans ou algo asi...pero non, resulta que era un cúmulo de emocións. Vaia vaia.

TERCEIRO, agora comprendo todolos diferentes sorrisos que te atopas o longo do dia; o do panadeiro, o da vecinha do terceiro, o de esa persoa que se morre polos teus osos, o dun neno na rua...

Pero... e agora? como te vou mirar a próxima vez que me adiques un sorriso? preguntareiche se chegaste o 15% de disgusto esta vez o verme? ou tenhome que fixar se non superas o 8% de temor ante min?ou se a tua neutralidade baixou respecto ó ultimo sorriso?

MIRA!! QUE SE VAIA PA O CARALLO ESE COMPUTADOR DOS HOLANDESES!!! XA NON TEREI EU BASTANTE PARA RALLARME!!! UN SORRISO É UN SORRISO E PUNTO! SE O QUERES O COLLES E SENON A OUTRA HISTORIA!

Nota: O programa informático non estaba preparado para detectar suxestión sexual. Verídico.

Ive got mona lisa eyes

I can stare through all your lies

Maybe they will come tomorrow (x3)

But its only another day away

Look down on everything in sight

Look down on everything and say goodbye

And its only another day away

Ive got mona lisa eyes (x3)

And its only another day away

Day away...

- Mona Lisa Eyes-

OCEAN COLOUR SCENE